Hemeroteca celtismo

As Illas Cíes, espectacular escenario para o ‘debut’ das novas equipacións Adidas

RC Celta

islascies.jpg

Os uniformes do Celta 2014/2015 verán a luz este xoves na praia de Rodas

 

As Illas Cíes, unha das localizacións máis espectaculares da xeografía galega, é o escenario elixido para que as novas equipacións do RC Celta para a tempada 2014/2015 vexan a luz por primeira vez. Adidas e o club celeste presentarán o primeiro e segundo uniforme, ambos cunha gama atractiva e moi nova na historia da vestimenta céltica.

 

As insuas atlánticas acollerán este xoves, a partir das 19:30 horas, un acto que contará coa participación de catro xogadores do primeiro equipo e que incluirá a gravación dun anuncio na praia de Rodas.

 

As novas equipacións estarán á venda na tenda oficial do Real Club Celta, situada no estadio de Balaídos, en torno ao día 10 de xullo.

 

Máis información sobre as Illas Cíes en www.piratasdenabia.com, empresa colaboradora nesta presentación xunto ao ‘Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia’ e o ‘Restaurante Rodas’ das Illas Cíes.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas