Hemeroteca celtismo

As novas camisetas, á venda en tiendacelta.com

RC Celta

camiseta230616

 

As novas camisetas do Celta para a tempada 2016/17 xa están á venda na web www.tiendacelta.com. As elásticas tamén poden adquirirse no establecemento oficial de Balaídos, aberto de luns a sábado de 10 a 14 e de 17 a 20 horas (venres 24 pechado por festivo).

 

Os abonados que presenten o seu carné 2016/17 ao realizar as súas compras na tenda do estadio, beneficiaranse dun 10% de desconto no prezo final.

 

1detalles230616

 

Primeiro equipamento
A camiseta celeste recupera este ano o pescozo redondo, de cor azul escuro do mesmo xeito que as liñas verticais dos costados, aceno de identidade de adidas. Como novidade, a elástica do primeiro equipamento inclúe por primeira vez detalles en amarelo, como o xa tradicional trisquel celta na parte posterior da peza.

Segundo equipamento
O segundo uniforme xoga coas cores secundarias da camiseta celeste. O azul escuro convértese en protagonista absoluto e o amarelo utilízase en detalles como as liñas sobre os ombreiros ou o trisquel nas costas. A cor representativa do Celta, o azul celeste, mantén a súa presenza cunhas finas liñas verticais no frontal da peza.

 

2detalles230616

 

Tecnoloxía e sostenibilidadeadidas

As camisetas oficiais incorporan un ano máis a tecnoloxía punteira Climacool de adidas, que axuda a expulsar a calor e a suor do corpo grazas á súa composición de fibra e á combinación de diferentes tipos de tecido de malla abertos, situados estratexicamente para permitir que o aire circule a través do tecido e seque a suor.

Ademais, as elásticas están fabricadas con poliéster reciclado, unha fibra sintética baseada en residuos post-consumo, tales como botellas de plástico e pezas de vestir usadas. Desta maneira redúcese o impacto ambiental no proceso de fabricación sen deixar de facer produtos de alto rendemento para o atleta.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas