Hemeroteca celtismo

As novas camisetas Adidas xa están á venda na tenda oficial

RC Celta

Adidas_Tienda.jpg

A reapertura do establecimento espertou unha gran expectación nos afeccionados celestes

VIDEO EN CELTA TV

Esta mañá a tenda oficial do Real Club Celta volveu abrir as súas portas cunha imaxe acorde ao seu novo provedor de roupa deportiva, Adidas. As novas camisetas deseñadas pola firma alemá levantaron unha gran expectación entre o celtismo. Proba diso foi a ringleira que se formou fronte ao establecemento desde antes das dez da mañá.

 

A primeira e a segunda camiseta xa está a disposición dos afeccionados, ademais da terceira equipación, roupa de colección Adidas e outros produtos. As novas pezas Adidas incorporan tecnoloxía ‘Climacool’, que axuda a expulsar a calor e a suor do corpo grazas á súa composición de fibra e á combinación de diferentes tipos de tecido de malla abertos, situados estratexicamente para permitir que o aire circule a través do tecido e seque a suor. O deseño das camisetas inclúe nunha das súas mangas o logotipo conmemorativo polo 90 aniversario do Real Club Celta.

 

Adidas_Tienda_3.jpg

 

A tenda oficial permanece aberta de luns a sábado, de 10 a 14 e de 17 a 20 horas. Os abonados celestes dispoñen dun dez por ciento de desconto en todos os produtos á venda, que próximamente se incorporarán á tenda online do Celta, www.tiendacelta.com

 

Adidas_Tienda_2.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas