Hemeroteca celtismo

As novas camisolas Adidas, xa á venda na tenda oficial

RC Celta

camisetas1415-primerasegunda.jpg

Descuento do 10% no prezo final para os abonados celestes que presenten carnet vixente

 

A primeira e segunda camisolas oficiais do RC Celta para a tempada 2014/2015 xa están á venda na tenda oficial do club, no estadio de Balaídos. As pezas da firma alemá Adidas están dispoñibles en toda a súa variedade de tallas a un prezo de 65€ para o público en xeral. Os abonados celestes que presenten o seu carné en vigor no momento da compra beneficiaranse dunha rebaixa do 10% no prezo final.

 

Os novos uniformes deseñados por Adidas utilizan unha gama de cores novas ata agora na historia da vestimenta céltica. O primeiro equipamento mantén o habitual deseño sinxelo e elegante, aceno de identidade de Adidas, pero engade en pescozo, ombreiros e mangas detalles en rosa fucsia. No segundo equipamento o verde é o absoluto protagonista, unha cor que ata agora non fora utilizado nas camisetas de xogador do RC Celta. Ambas elásticas, que manteñen os logotipos dos seus patrocinadores principais, continúan presentando o trisquel celta na parte traseira do pescozo.

 

A nivel tecnolóxico, ambas camisolas cumpren cos máximos estándares de calidade de ADIDAS. A primeira vestimenta conta coa innovadora tecnoloxía ‘adizero’ da marca alemá, un avance que proporciona un peso moito máis livián á peza (menos de 100 gramos) e ventilación adicional. A segunda camiseta incorpora a tecnoloxía Climacool, que axuda a expulsar a calor e a suor do corpo grazas á súa composición de fibra e á combinación de diferentes tipos de tecido de malla abertos, situados estratexicamente para permitir que o aire circule a través do tecido e seque a suor.

 

Horario da tenda oficial: de 10 a 14 e de 17 a 20 horas (de luns a sábado).

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas