O Auditorio Mar de Vigo acolle un dos actos máis destacados do calendario celtista (miércoles, 19:30h)
Os novos equipamentos oficiais do Celta deseñados por Adidas para a tempada 2015/2016 preséntanse ante o celtismo este mércores ás 19:30h no Auditorio Mar de Vigo, un escenario espectacular sobre o que varios xogadores do primeiro equipo exercerán de modelos e no que compartirán protagonismo co showman Moncho Borrajo.
O artista, un dos humoristas máis relevantes do panorama galego e excepcional colaborador do club para a ocasión, agasallará aos asistentes cunha actuación cargada de humor e diversión. Ademais, as pantallas do auditorio proxectarán un emocionante vídeo cos mellores momentos da pasada campaña.
O club anima a todos os afeccionados a asistir a este evento, de entrada gratuíta, para coñecer en primeira persoa os novos deseños das camisetas e gozar do show de Moncho Borrajo. Un acto que respirará celtismo polo catro custados e que conta coa inestimable colaboración do Auditorio Mar de Vigo.