A afección celeste acudiu esta tarde en bo número, máis de 5000, ao Estadio de Abanca Balaídos para gozar dunha vistosa e orixinal presentación das oito fichaxes que o RC Celta realizou durante a pretempada. Tras a actuación do grupo galego Broken Peach, os oito xogadores celestes foron saltando ao campo de maneira individual aplaudidos con entusiasmo polos seguidores e ao ritmo de cancións personalizadas seleccionadas polo DJ Fonkid.
Williot Swedberg, Luca da Torre, Unai Nüñez, Óscar Rodríguez, Agustín Marchesín, Óscar Mingueza, Gonçalo Paciencia e Carles Pérez recibiron o agarimo da afección, que gozou ao máximo dun evento no que non faltaron elementos sorpresa, agasallos e firmas de autógrafos.