GUIJUELO AGOTADO
Celtismo

As solicitudes de entrada para o Celta B – Guijuelo superan a capacidade dispoñible

RC Celta

O celtismo volveu a demostrar un interese e apoio polo filial celeste espectaculares. As solicitudes para obter unha entrada para o partido Celta B – Guijuelo, exclusivas para abonados 20/21 do RC Celta, superaron a cota dispoñible online, polo que a campaña pechouse antes da data límite. O club cotejará os datos recibidos e proximamente contactará por correo electrónico cos abonados seleccionados finalmente para asistir ao encontro.

Nesta ocasión, cincuenta das entradas dispoñibles para este partido reserváronse a abonados maiores de 65 anos, que este xoves 14 de xaneiro poderán acudir aos despachos de billetes do estadio Abanca Balaídos en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 para solicitalas (até fin de existencias).

As entradas para asistir aos partidos do Celta B en Barreiro ponse a disposición en exclusiva para os abonados do RC Celta. O prazo para renovar ou darse de alta na tempada 2020/21 finaliza este venres 15 de xaneiro. Todas as xestións poden realizarse de maneira telemática a través da web rccelta.es/abonados

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas