Hemeroteca celtismo

As vantaxes especiais da Campaña de Abonados entran na súa recta final

RC Celta

abonados1516-escudo.jpg

O martes 30 de xuño finaliza o prazo para renovar ou darse de alta con condicións especiais

A Campaña de Abonados 2015/2016 continúa ofrecendo vantaxes especiais aos celtistas que tramiten o seu carné ata o próximo 30 de xuño, último día para beneficiarse dun desconto do 5% sobre o prezo final nas renovacións, acumulable aos descontos de accionista e familiar ata un máximo do 15%, e da exención no pago de suplementos durante toda a tempada tanto en renovacións como novas altas.

 

O club anima a todos os afeccionados e abonados a tramitar o seu abono canto antes para poder beneficiarse destas vantaxes especiais e evitar as aglomeracións propias dos últimos días de campaña promocional. O RC Celta mantén os prezos da tempada pasada, dos máis baixos da categoría, para premiar a fidelidade dos abonados célticos e incentivar o aumento da masa social. Ademais, un ano máis existen facilidades de pago para renovar ou darse de alta sen ter que realizar un único desembolso.

 

A próxima tempada, a dos 50 anos do Celta en Primeira División, presenta numerosos alicientes tanto a nivel deportivo como social que enchen de ilusión ao celtismo. A nova sede social, a remodelación do estadio de Balaídos, o regreso de Iago Aspas, o continuo crecemento do equipo e da entidade… Sen dúbida a 2015/2016 preséntase como unha das tempadas máis emocionantes dos últimos anos e é por iso que o RC Celta convida a todos os afeccionados celestes a formar parte activa deste proxecto: Crecemos Xuntos.

 

Todos os trámites poden realizarse nos despachos de billetes do estadio de luns a venres de 9.00 a 20.00 horas de maneira ininterrompida ou as 24 horas do día na plataforma online www.celtavigo.org/abonosCelta 

 

precios_abonados.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas