20250518_PreviaAdri_RCCELTAvsRAYO_Aficion-58
Celtismo

Así despedimos Abanca Balaídos | Unha galería á altura do celtismo

RC Celta

O RC Celta pechou a tempada en casa cunha auténtica festa do celtismo, unha xornada inesquecible na que a afección foi a gran protagonista.

The Raphants, Galician Army, Neolekas e Festicultores puxeron ritmo a un día moi especial que comezou pola mañá, seguiu cun recibimento multitudinario e culminou dentro do estadio.

Queremos dar as grazas a cada persoa que formou parte deste día, a todos os que, unha vez máis, estivestes aí demostrando o que significa ser do RC Celta: Orgullo, Afouteza e Corazón. E como mostra de agradecemento polo voso agarimo durante a festa e polo apoio constante ao longo do curso, deixámosvos aquí unha galería coas mellores imaxes deste peche de tempada.

Non a perdas! Quizá atopes algunha cara coñecida.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas