Hemeroteca club

Así son as camisetas de adidas do Real Club Celta para a tempada 2013/2014

RC Celta

 

 Montaje2.jpg

Poñeranse á venda a finais do presente mes ou principios do próximo

 

Chegan unhas das imaxes máis esperadas pola afección celeste, as das novas camisetas para a tempada 2013/2014, confeccionadas pola prestixiosa marca alemá adidas, patrocinador do club. As equipaciones ofrecen unha espléndida calidade e entre as principais novidades figura a inclusión nunha das mangas do logotipo do 90 aniversario celeste.

As camisetas adidas do Real Club Celta para a próxima tempada se pondràn á venda entre finais do presente mes e principios do próximo, unha vez que conclúan as obras de mellora e renovación da tenda oficial situada nos baixos do Estadio de Balaidos, que adecuará a súa imaxe á da firma adidas, cuxos produtos, unha ampla gama, estarán dispoñibles no establecemento celeste.

Ambas equipaciones, deseñadas en exclusiva para o conxunto vigués

A primeira equipación suscita un deseño sinxelo e elegante, combinando o clásico azul celeste representativo do club con detalles en negro nos ribetes de pescozo e mangas.
O escudo da camiseta será bordado e incluirá unha serie de novidades como o novo deseño dologotipo do patrocinador principal (citroën) e o logotipo do 90 aniversario do club situado na manga esquerda. Ademais, contase coa publicidade de Estrela Galicia 0,0 na parte baixa das costas e o detalle do trisquel na parte traseira do pescozo.

A segunda equipación, pola contra, presenta un deseño moito máis agresivo e innovador, continúa baseándose na potente combinación de cores celeste-negro, esta vez investida, cunha base negra sobre a que destacan bloques de cor e detalles celestes. O escudo continúa sendo bordado e a camiseta presenta os mesmos ementos publicitarios que a primeira equipación.

A nivel tecnolóxico, ambas equipaciones cumpren cos maximos estandars de calidade de adidas. Tanto a primeira equipación como a segunda equipación incorporan tecnoloxía climacool, que axuda a expulsar a calor e a suor do corpo grazas á súa composición de fibra e á combinación de diferentes tipos de tecido de malla abertos, situados estratégicamente para permitir que o aire circule a través do tecido e seque a suor. Facilitando deste xeito o mellor rendemento dos xogadores das distintas categorías do club.

 

 primera_camiseta_atrás_web.jpg

 

 

segunda_camiseta_web.jpg

 

primera_camisdeta_frente.jpg

 

segunda_camiseta_frente.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas