Slide web
Celtismo

Ata a vitoria final xuntos en A Sede!

RC Celta

O RC Celta quere convidar a todos os afeccionados a unirse ao último visionado da tempada do partido que os celestes disputarán no estadio Nuevo Los Cármenes este domingo 19 de maio. A apertura de portas será ás 17:00 horas xa que para esta ocasión contaremos coa presenza de Pablo Zamorano que retará a todo o que queira unirse a xogar ao FC Pro coa PS5 ata as 18:00h. Despois contaremos cunha sesión de DJ a cargo de Iván López para quentar motores antes do Granada CF – RC Celta das 19:00 horas. Ademais, o Salón Rexio contará cunha mesa quente de comida de El Trigal dispoñible durante o partido.

Como en anteriores ocasións, a entrada será libre ata completar o capacidade e terá como obxectivo que o celtismo permaneza unido empuxando ao equipo cara ao triunfo neste tramo final da tempada. Vémonos, afección!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas