Hemeroteca celtismo

Aumenta o ritmo de venda de entradas para o partido ante o Real Madrid

RC Celta

venta_entradas_celta_madrid_28213.jpg

Nos dous últimos días despacháronse máis de 500 billetes para este apaixoante encontro

 

A venda de entradas para o partido de Liga ante o Real Madrid, (Balaídos, domingo 10 de marzo, 19.00 horas) incrementouse de maneira notable nas últimas horas e en apenas dous días despacháronse na oficina de abonados máis de 500 billetes para este apaixonante encontro. A Bancada de Preferencia xa se esgotou a falta de dez días para o choque.

 

O club lémbralles aos abonados de tempada que renovaron ou se deron de alta despois do 15 de xullo e aos anuais que o fixeron despois do 20 de decembro, que deberán retirar na oficina de abonados un suplemento para este choque antes do xoves 7 de marzo. O prezo deste suplemento é de 20 euros para a categoría adulto e de 10 euros para o resto.

 

As entradas poden adquirirse de luns a venres na oficina de abonados, en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas, ou a través dos despachos de billetes online as 24 horas do día: www.celtavigo.org/taquillaCelta. O sábado 2 de marzo, os despachos de billetes do estadio abrirán de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas para favorecer a compra tanto de entradas como de suplelentos.

 

Este partido será Día do Club, polo que os distintos convenios quedan anulados e por iso hai billetes dispoñibles para as bancadas de Gol e Preferencia, xa esgotada, ademais de para as habituais, Río e Tribuna.

 

Tanto para o encontro ante o Real Madrid como para o do F.C.Barcelona, cuxas entradas están tamén á venda, os prezos son de 60 euros na bancada de Gol, de 80 nas bancadas de Río Alto e Río Baixo e de 95 euros na bancada de Tribuna. En categoría Sub-23, o custo das entradas é de 45 euros en Gol e Preferencia e de 65 en Río Alto e Baixo.

 

 

ENTRADAS

SUPLEMENTO

ADULTO

SUB 23

ADULTO

SUB23

TRIBUNA

95

NON DISPOÑIBLE

 

20

 

10

RÍO ALTO

80

65

RÍO BAIXO

80

65

GOL

60

45

PREFERENCIA

ESGOTADO

ESGOTADO

MARCADOR

ESGOTADO

ESGOTADO

FONDO

ESGOTADO

ESGOTADO

 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas