afouteza-wass.jpg
Celtismo

Axuda a que ‘afouteza’ sexa a Palabra do Ano 2017!

RC Celta

O Portal das Palabras, unha iniciativa da Real Academia Galega e a Fundación Barrié para a promoción e difusión da lingua galega en internet, seleccionou a palabra afouteza como unha das candidatas a ser nomeada Palabra do Ano 2017.

Este termo que forma parte do himno celeste foi un dos grandes protagonistas da histórica tempada 2016/17, primeiro como tema central da campaña de abonados e máis tarde, na eliminatoria europea ante o Manchester United, como parte do lema This is Afouteza en torno ao que se uniu todo o celtismo e que captou a atención de todo o mundo.

Os internautas teñen ata este 25 de decembro para acceder á web portaldaspalabras.gal/palabradoano para que a palabra afouteza impóñase como a máis destacada do ano por encima doutras candidatas como sapoconcho, teimudo ou velutina.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas