ESCUDO-1300x400-02
O Club

‘Back To Black’ desborda celtismo na noite viguesa

RC Celta

Exitosa campaña de presentación do segundo uniforme da 22/23. Tras fundir a negro os perfís das plataformas dixitais do RC Celta, así como os escaparates das tendas oficiais, o club presentaba o pasado venres o que será o segundo equipamento da próxima tempada. Un peza céltica coa que o primeiro equipo saltou ao terreo de xogo de Mestalla o sábado e que, como colofón, desbordaría celtismo na noite viguesa. E é que os DJ dunha ampla selección de bares da cidade uníronse a Back To Black, xa que o club quixo levar a súa nova camiseta a un sector, o do lecer nocturno, que foi moi duramente golpeado durante a pandemia.
Amiri, Barrocco, Boom Boom Room, Casa de Arriba, Sinatra, Cuarenta, Doppler, La Fábrica de Chocolate, Gatsby, La Juakina, Le Cocò, Mogambo, Mondo, Point, Molotov, Tokyo, Los 3 Monos Samil, Radar e Ferré foron os locais onde estivo presente o segundo uniforme, que xa está dispoñible en modalidade de prevenda en shop.rccelta.es. Os afeccionados celestes poden reservar a elástica 79,95€ (71,96€ no caso dos abonados) e así asegurarse de ser os primeiros en vestila a partir do 27 de xuño, data prevista para a entrega das novas camisetas. Ademais, tanto afeccionados como abonados que realicen o seu preserva, recibirán un cupón de 10€ para trocar na súa próxima compra na tenda oficial.

RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas