Hemeroteca celtismo

Balaídos abrirá o derbi co himno galego e un gran mosaico

RC Celta

balaidos-vistaaerea2015.jpg

 

O derbi do próximo sábado en Balaídos terá un prólogo certamente especial. No momento no que os xogadores de RC Celta e Deportivo da Coruña accedan ao terreo de xogo, os espectadores entoarán o himno galego á vez que formarán un gran mosaico en todas as gradas do estadio.

 

Os cartóns e bandeiras que compoñerán o mosaico serán de cor azul celeste nas gradas de Tribuna, Gol e Marcador, mentres que nas de Río Alto e Baixo serán, ademais de celestes, de cor azul mariño e vermello. Nestas dúas últimas gradas formarase unha figura e poderase ler ademais un dos clásicos lemas do celtismo.

 

En Gol, Marcador e Tribuna, os afeccionados terán nos seus asentos bandeiras co escudo do RC Celta, que deberán ondear para formar o mosaico, e poderán seguir a letra do himno a través dos videomarcadores do estadio. En ambas gradas de Río haberá cartulinas plastificadas de maior tamaño coa letra do himno galego impresa na parte interna.

 

Estes cartóns están ademais numerados e os seus posuidores participarán nun sorteo posterior, organizado por Seguros La Fe, de cinco camisetas da primeira equipación asinadas polos xogadores celestes. É importante conservalos, xa que os gañadores deberán presentar o cartón nas oficinas da entidade aseguradora para recoller o seu premio.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas