Balaídos deu a benvida a LaLiga Santander Experience no partido de Liga ante o Real Madrid, quinto capítulo da iniciativa de LaLiga en colaboración cos operadores internacionais cunha experiencia de altura.
12 afeccionados e xornalistas de Now TV gozaron dunha experiencia inesquecible durante tres días en Vigo nos que coñeceron as instalacións celestes, asistiron a un adestramento, participaron na rolda de prensa de Unzué e viviron o choque entre celestes e brancos en primeira persoa.
A tecnoloxía e o coñecemento sobre LaLiga Santander foron os protagonistas no divertido concurso do operador asiático que permitiu a estes afortunados seguidores gañarse uns billetes para Vigo. Só fixo falta o mando da televisión, responder a unha serie de preguntas que aparecían directamente nas súas pantallas e cruzar os dedos para facerse co premio.