
Catro anos despois do seu último gran concerto, a música regresa a Abanca Balaídos da man de Alejandro Sanz, que actuará en Vigo o sábado 3 de xullo de 2027 dentro de «¿Y Ahora Qué+?», a nova etapa da súa xira con Abrumarte Producciones como promotores,, con 12 datas confirmadas en España este verán.
Para Vigo, a cita soa a reencontro. O artista madrileño xa fixo bailar o celtismo en xullo de 2001, nunha noite que durante máis de dúas décadas foi a última gran actuación no estadio, ata que Muse en 2022 e Guns N’ Roses en 2023 devolveron os concertos ao templo celeste. Vinte e seis anos despois, Sanz volve á casa do Celta para que as mesmas bancadas que empurran o equipo cada fin de semana coreen esta vez as súas cancións, nunha que será a cuarta parada dunha xira que pasará, entre outras cidades, por Sevilla, Zaragoza, Granada, Córdoba e Cáceres.
As entradas sairán á venda o próximo martes 24 de novembro, ás 10:00h., en alejandrosanz.com.
Con esta cita, Abanca Balaídos segue compondo o seu futuro como un estadio aberto á cidade, que, máis alá do fútbol, tamén sabe poñer música ás noites viguesas.