Hemeroteca celtismo

Balaídos despídese dunha tempada histórica con entradas a 10€ para Sub-25 en todas as bancadas

RC Celta

precioscelmcf1516

 

O Celta afronta este domingo o seu último partido da tempada como local. Balaídos acolle un duelo entre os celestes e o Málaga CF no que os de Berizzo loitarán por sumar tres puntos que lles permitan quedar o máis arriba posible na clasificación. Será unha xornada festiva e chea de sorpresas para os afeccionados celestes, o broche a unha campaña inesquecible na que o Celta conseguiu materializar un soño: o regreso a Europa.

 

O club estableceu para este encontro uns prezos desde 20? para a categoría ADULTO e de tan só 10? para SUB-25 en calquera das bancadas, unha gran oportunidade para que os afeccionados máis novos non se perdan o partido no que o equipo se despide de Balaídos nesta histórica campaña.

 

As entradas poden adquirirse nos despachos de billetes até o sábado de 10 a 14 e de 17 a 20 horas, o domingo de 10 a 17 horas de maneira ininterrompida, ou en calquera momento do día a través da web www.celtavigo.org/taquillaCelta

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas