O RC Celta e a afección de Balaídos renderon unha homenaxe a Adrián Alonso ‘Pola’, quen acaba de proclamarse campión de Europa de fútbol sala coa Selección Española, antes do inicio do partido de Liga ante a SD Eibar. Pedro Posada, vicepresidente do club celeste, entregou unha metopa conmemorativa ao deportista vigués.