O club iniciou este venres a rexeneración do terreo de xogo de Balaídos, un proceso habitual na maioría de clubs ao termo da tempada e que permite combater o desenvolvemento da maleza común poa annua. O proceso de substitución comezou retirando o tapete a unha profundidade de 2 centímetros para, posteriormente, realizar a sementeira do novo céspede. Esta medida tamén permitirá favorecer o sistema drenaxe do campo.