A LFP substituiu o 75% das cámaras por modelos de última xeración
A LFP e o Real Club Celta substituiron esta semana o 75% das videocámaras de vixilancia de Balaídos por modelos de última xeración. O novo equipo de videovixilancia aumenta notablemente a calidade de imaxe e gravación, o que traducirase nunha evidente mellora na seguridade do recinto deportivo.
A LFP xa tramitou a instalación deste novedoso sistema en campos como Nou Camp, Vicente Calderón ou Anoeta, pero Balaídos é o primeiro en contar con esta tecnoloxía.