Hemeroteca celtismo

Balaídos vivirá unha espectacular exhibición de paracaidismo tralo Celta-Málaga

RC Celta

balaidosaerea060516.jpg

 

A xornada festiva do próximo domingo con motivo da clasificación europea do Real Club Celta terá diferentes momentos de gran intensidade e realmente espectaculares. O estadio de Balaídos será escenario ao término do partido ante o Málaga dunha actividade tan singular como vistosa: unha ducia de integrantes da Patrulla  Acrobática de Paracaidismo do Exército do Aire (PAPEA) protagonizarán unha fantástica exhibición que ningún afeccionado celeste debería perderse. É por iso vital que os seguidores permanezan nos seus asentos tralo encontro e deste xeito poder gozar do espectáculo para despois continuar coa festa na Praza de América.

 

A exhibición destes deportistas de elite, que colleitaron numerosos títulos e recoñecementos internacionais, culminará co seu aterrizaxe sobre o céspede de Balaídos nun emotivo acto final sobre o terreo de xogo.

 

A Patrulla Acrobática de Paracaidismo do Exército do Aire, xa coñecida polos vigueses pola súa participación no festival aéreo de Samil, acadou innumerables éxitos desde a súa fundación e nos seus 30 anos de existencia obtivo máis de 60 trofeos en distintas competicións internacionais e campionatos mundiais.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas