Audiovisual

BeSoccer, novo partner tecnolóxico do RC Celta

RC Celta





RC Celta e BeSoccer selaron este venres en A Sede un acordo de colaboración co que a empresa española convértese en novo partner tecnolóxico do club vigués. Creadores dunha app de noticias de fútbol, resultados en directo e estatísticas que foi recoñecida e premiada internacionalmente; BeSoccer encargarase de desenvolver a aplicación oficial do RC Celta, un novo punto de encontro, información e entretemento para a afección celeste.

Na firma do convenio, celebrada na sede social do club, estiveron presentes Manu Heredia, CEO e fundador de BeSoccer; Maruxa Magdalena, directora de marketing do RC Celta; e Néstor Araujo, futbolista do primeiro equipo, quen tivo a oportunidade de probar in situ a aplicación móbil de BeSoccer a partir da que se construirá a oficial do RC Celta.

«Para nós é unha gran satisfacción. Ademais do que significa chegar a un acordo cun club de primeiro nivel como o RC Celta, é unha oportunidade de axudar a seguir dando pasos en innovación tecnolóxica a unha entidade que está a facer un gran traballo», declarou Manu Heredia, responsable de BeSoccer. Pola súa banda, Maruxa Magdalena destacou ao novo partner tecnolóxico do club como «unha empresa punteira en aplicacións móbiles» cunha app que é «unha das máis descargadas en 60 países». A directora de mercadotecnia celeste adiantou que «proximamente presentaremos unha nova app».

BeSoccer xa comezou a traballar na nova aplicación móbil do club celeste. Moi pronto, os afeccionados do RC Celta poderán gozar nos seus teléfonos dunha ferramenta espectacular que ofrecerá toda a información, novidades e estatísticas do club céltico, ademais de xogos, promocións exclusivas e outros contidos.

RC Celta

Etiquetas

Audiovisual Celta media Celta media Celta media Celtismo Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas