Audiovisual

Binter agasalla á gañadora do concurso ‘Tempo Extra Binter’

RC Celta

Marta Muñiz, gañadora do concurso #TiempoExtraBinter, recolleu no estadio Abanca-Balaídos o cheque simbólico que poderá trocar por un voo de ida e volta para dúas persoas a Gran Canaria coa compañía aérea Binter. Idoia Abásolo Azkorra, responsable da área Norte de Binter, foi a encargada de entregar o premio á afortunada celtista.

#TiempoExtraBinter

O RC Celta e Binter desenvolveron un concurso na rede social Twitter durante as últimas xornadas da pasada tempada. Os afeccionados debían prognosticar o tempo engadido total de cada partido e, entre os participantes que máis acertos tiveron, o club e a empresa canaria sortearon unha viaxe a Gran Canaria para dúas persoas.

RC Celta

Etiquetas

Audiovisual Celtismo

Noticias recomendadas