p>
O capitán celeste participará nun partido en recordo do xogador do Espanyol, falecido en 2009
O Real Club Celta estará representado por Borja Oubiña no partido-homenaxe a Dani Jarque que se disputa esta noite no estadio Cornellá-O Prat (21:00 horas).
O capitán celeste forma parte do combinado de futbolistas da Liga e de competicións estranxeiras que se medirá a un equipo composto por compañeiros do xogador do Espanyol, falecido en agosto de 2009 de forma repentina.
O dianteiro céltico Iago Aspas tamén tiña previsto participar nesta homenaxe ao capitán branquiazul, pero unhas molestias físicas impediron a súa presenza no partido.