Hemeroteca celtismo

‘Bufandeo’ no crucial partido ante o Eibar

RC Celta

bufandeo160216

 

O RC Celta afronta este sábado ante o Eibar, un partido crucial tanto desde o punto de vista anímico como clasificatorio. Os celestes deixan atrás varias semanas de máxima intensidade e esixencia para centrarse por completo na liga, na que ocupan a oitava posición a un punto do sétimo, o Eibar, e necesitan gañar para iniciar con confianza e máximas posibilidades a última e decisiva etapa do campionato. Para este encontro, de enorme dificultade, será vital o empuxe da afección, magnífica ata a data, e por iso o club propón que se cre un ambiente especial desde o primeiro momento e os xogadores sexan recibidos pola bancada cun gran ‘bufandeo’ e unha participación masiva no himno a capella.

 

O Celta empezará este sábado un esixente sprint final de catorce encontros nos que sen dúbida necesitará o alento do celtismo para non desfallecer e que debe comezar este sábado coa confianza e a tranquilidade dunha vitoria que como mínimo o devolvería ao sétimo posto da clasificación. Para que o equipo senta arroupado desde o primeiro instante, o club propón que os afeccionados poboen a bancada coas súas bufandas no momento no que os xogadores saian ao campo de xogo e que todos participen na entonación a capella do himno do Celta.

 

O club ‘alimentará’ esta semana esta proposta con diversas iniciativas nas redes sociais coas que animará a participar a todos os afeccionados celestes.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas