ESCUDO-1300x400-02
O Club

Buscamos a voz do celtismo para os partidos da pretempada

RC Celta

Comeza a procura de “A voz do celtismo” que narrará os partidos que o RC Celta disputará esta pretemporada. A través dun orixinal concurso anunciado nas
diferentes redes sociais oficiais do club, os afeccionados poderán inscribirse para participar mediante unha sinxela entrega.

Os concursantes deben gravarse narrando o magnífico gol que Iago Aspas marcoulle en Abanca Balaídos á SD Huesca en 2018 e enviar o seu vídeo ao número de teléfono 635078883. Tipo selfie ou gravado por alguén, como máis cómodo/a sintas.

O prazo de participación e entrega do material comeza o xoves 1 de xullo e termina o mércores 14 de xullo. Unha vez concluído o prazo, os finalistas do concurso terán que someterse, de maneira presencial na Sede (Cale Príncipe, 44, Vigo), a un xurado formado por figuras recoñecidas no panorama social e deportivo nacional ou Fernando González “Gonzo”, presentador de Salvados da Sexta, Vero Boquete, xogadora galega da AC Milan, Santiago Cañizares, exjugador de fútbol internacional e comentarista de Movistar + e Cadea Cope e Raúl Varela, presentador e narrador da Selección Española en Radio Marca.

A presentadora do evento será Paula Montes, xornalista de TeleVigo e a Cadea Ser.

O RC Celta, que comezará a pretemporada o día 5 de xullo baixo as ordes de Eduardo Coudet, quere darlle unha importancia sobresaínte á súa afección nos diferentes partidos que se disputen, dando voz aos caneos e goles dos nosos.
Se queres ser protagonista das narracións do RC Celta, chegou o teu momento.

Consulta AQUÍ as bases legais do concurso.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo O Club

Noticias recomendadas