Camila Lucia Pescatore xa é xogadora de As Celtas. Nacida o 23 de maio do 2000 en Coro (Venezuela) e con raíces italianas, Camila convértese na primeira xogadora internacional do equipo.
A lateral de 24 anos comezou a súa carreira na tempada 2017/2018 co SecaSports na Superliga Profesional de Venezuela. En 2022, continuou a súa traxectoria en IBV, na Primeira División Irlandesa, e máis recentemente, na tempada 2023/2024, xogou no Vis Mediterranea da Serie C Italiana. Camila tamén deixou a súa pegada no fútbol universitario estadounidense, xogando para William Carey University onde disputou 71 partidos, acumulou 5577 minutos de xogo, marcou 13 goles e deu 21 asistencias.
Ademais do seu destacado paso polos diferentes clubs, a xogadora foi unha figura constante na Selección Nacional de Venezuela desde 2015, participando en numerosos campionatos e demostrando a súa valía en cada un deles.
A presentación oficial de Camila tivo lugar este luns, nunha asollada tarde en A Madroa, xunto coa do seu compañeiro do RC Celta, Borja Iglesias. Durante o evento, Camila subliñou o seu entusiasmo por unirse a un equipo que malgasta “ganas, forza e ilusión” e que todo iso “verase reflectido na cancha cando As Celtas comecen o campionato”.
Con estas palabras e xa totalmente instalada na cidade olívica, Camila chega disposta a demostrar a súa técnica, habilidades, consistencia e solidez en defensa.
Benvida, Camila!