Hemeroteca celtismo

Campaña Anual de Abonados: únete á ilusionante tempada do Celta!

RC Celta

campanaanual301115

 


 OFICINA DE ABONADOS (BALAÍDOS) | 986.21.32.30 – 986.21.32.34

LUNS A VERNES DE 10 A 14 E DE 17 A 20 HORAS

www.celtavigo.org/abonosCelta


 

Este martes arranca a Campaña Anual de Abonados 2016 con idénticas condicións e vantaxes que no verán, unha gran oportunidade para sumarse á estupenda tempada que está a realizar o equipo e para que os xa abonados renoven o seu compromiso co Celta, clave no desenvolvemento do club a todos os niveis.

Os prezos, dos máis económicos de Primeira División, mantéñense respecto da tempada pasada, un premio á fidelidade e apoio dos abonados celestes que no caso das renovacións vai acompañado dun 5% durante o mes de decembro. Este desconto é acumulable aos de accionista e familiar até un máximo do 15%.

Ademais, tanto altas como renovacións tramitadas até o día 31 de decembro estarán exentas de pagar suplementos nos partidos designados como ‘Días do Club’.

 

noticia-precios-web-abonados

 

En canto ao prezo das altas, dispoñibles para Tribuna, Río, Gol e Marcador, tampouco sofren incremento. A cota de alta tamén se mantén en 85 euros para categoría adulto e 45 para o resto de categorías.

O club quere facer un chamamento aos abonados anuais para que, un ano máis, renoven a súa confianza nun proxecto que tempada tras tempada e grazas ao seu apoio crece e madura, non só no deportivo, senón tamén no social e institucional, con ilusionantes proxectos á vista como a reforma de Balaídos ou a nova sede céltica. A Campaña Anual tamén é unha estupenda ocasión para que calquera afeccionado se embarque neste emocionante proxecto de club.

Tanto renovacións como novas altas poden xestionarse nos despachos de billetes do estadio, abertas de luns a venres en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas, ou a través da web www.celtavigo.org/abonosCelta 

 

 

Pago fraccionado

 

O Real Club Celta ofrece ás súas abonados facilidades de pago para renovar ou darse de alta sen ter que realizar un único desembolso. Os usuarios de Tarxeta Comercio ou VISA Abanca poderán pagar até en tres meses sen intereses, mentres que aqueles que desexen fraccionar máis o abono poderán utilizar o Credicelta, que, unha vez autorizado por Abanca, permite o pago a prazos ata en 12 meses cun interese competitivo. Para gozar desta vantaxe, os abonados deberán presentar nos despachos de billetes do estadio o seu DNI e o número de conta de Abanca.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas