Hemeroteca celtismo

Campaña de Abonados: aproveita as condicións promocionais!

RC Celta

abonados1516-escudo.jpg

O 30 de xuño finalizan as vantaxes especiais dunha campaña de abonados cargada de alicientes

 

O próximo 30 de xuño finaliza o prazo para renovar ou darse de alta con condicións especiais, unhas atractivas vantaxes promocionais que inclúen un desconto do 5% sobre o prezo final nas renovacións, acumulable aos descontos de accionista e familiar ata un máximo do 15%, e a exención no pago de suplementos durante toda a tempada nos partidos designados como Días do Club.

 

Baixo o lema “Crecemos Xuntos” a Campaña de Abonados 2015/2016, que mantén o prezo dos abonos da pasada tempada, presenta grandes alicientes ao celtismo. Á excelente tempada realizada polo equipo, oitavo clasificado de Primeira División, súmanse grandes proxectos do club como a nova sede social e a remodelación do estadio de Balaídos, así como ilusionantes noticias en materia deportiva como o regreso dun dos canteiráns máis queridos pola afección, Iago Aspas.

 

O RC Celta anima a todos os abonados a renovar o seu carné canto antes para aproveitar as condicións promocionais, así como aos afeccionados que desexen darse de alta e formar parte da gran familia celeste, clave no crecemento da entidade ano tras ano e na consecución dos obxectivos do club.

 

Todos os trámites poden realizarse nos despachos de billetes do estadio de luns a venres de 9.00 a 20.00 horas de maneira ininterrompida ou na plataforma online www.celtavigo.org/abonosCelta 

 

Pago fraccionado

Unha vez máis, o Real Club Celta ofrece aos seus abonados facilidades de pago para renovar ou darse de alta sen ter que realizar un único desembolso. Os usuarios de Tarxeta Comercio ou VISA Abanca poderán pagar ata en tres meses sen intereses, mentres que aqueles que desexen fraccionar máis o abono poderán utilizar o Credicelta, que, unha vez autorizado por Abanca, permite o pago a prazos até en 12 meses cun interese competitivo. Para gozar desta vantaxe, os abonados deberán presentar nos despachos de billetes do estadio o seu DNI e o número de conta de Abanca.

 

Por outra banda, os abonados que haxan domiciliado o pago recibirán o cargo a partir do día 15 de xuño e poderán retirar o seu carné presentando o xustificante bancario nos despachos de billetes desde o día uno do próximo mes de agosto.

precios_abonados.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas