ESCUDO-1300x400-02
Celtismo

Carcamäns celebra os seus 25 anos de celtismo xunto con Iago Aspas, Fran Beltrán e Sergio Álvarez

RC Celta


A peña celtista Carcamäns, da Illa de Arousa, conmemorou onte, 7 de setembro, os seus 25 anos de historia. Para tal ocasión, acompañando a todos os peñistas na súa celebración, estiveron os xogadores do primeiro equipo do RC Celta Iago Aspas e Fran Beltrán, así como o excéltico Sergio Álvarez.

A agrupación, unha das máis numerosa do celtismo con máis de 1.200 peñistas, cumpre o seu cuarto de século de vida no mesmo ano no que o RC Celta celebra o seu Centenario.

O club quere felicitar á Pena Carcamäns polo seu aniversario e agradecer o seu compromiso e apoio ao noso escudo e cores ao longo de todos estes anos.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas