Carles Pérez é o xogador máis votado pola afección do RC Celta como ‘Premio Estrela Galicia’ ao mellor futbolista do mes de marzo. O 7 celeste quixo agradecer o galardón asegurando que “estou moi feliz, é algo que me axudou todo o equipo a conseguilo”. “Veño meses facéndoo ben. E estou moi moi contento. Quere seguir a este nivel e axudando ao equipo” puntualizou o catalán. Carles quixo resaltar que “somos conscientes do que somos capaces de facer. E temos moitas ganas de ir máis arriba. Sabemos que podemos conseguir algo bonito e centrámonos en ir partido a partido”.

O Club