O presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, atendeu aos medios de comunicación ao termo da Xunta de Accionistas 2018/19, na que se aprobaron as contas do pasado exercicio e o orzamento do novo: “Creo que cada vez se acepta máis nosa idea, que pasa por unha solidez no económico para poder investir máis no deportivo”, declarou o mandatario celeste.
Preguntado pola situación deportiva do equipo, o presidente asegurou que “estamos no bo camiño e os resultados van chegar”, e transmitiu a súa confianza tras os primeiros partidos como técnico de Óscar García: “Pasamos dunha actitude pasiva a unha máis activa. Isto sumado á calidade dos nosos xogadores, faime estar máis tranquilo. Os próximos partidos marcarán onde podemos estar”. Sobre o próximo mercado de fichaxes, Mouriño abriu a posibilidade de novas incorporacións se o adestrador solicítao e avanzou que, ” a día de hoxe contamos con Lucas Olaza. Temos opción de fichalo en xuño”.
“Algo temos que facer. Non podemos seguir sen ter a máis mínima documentación sobre o que se vai a facer no estadio”, comentou o presidente ante a reforma de Abanca Balaídos xestionada polo Concello de Vigo: “Tampouco entendemos por que non se nos quere entregar (a documentación)”. No marco dos proxectos de instalacións deportivas, Mouriño tamén foi cuestionado acerca da cidade deportiva e os prazos de execución: “Esta semana comezaremos a ver ladrillo cara arriba. A partir de aí é imparable e creo que estamos en tempo (sobre a primeira fase). Para o resto do proxecto, Mos aprobouno e agora está en mans da Xunta. Unha vez aprobado empezaremos a dar prazos”.
“O club: tolerancia cero, non admite nin o máis mínimo”, declarou ante as preguntas relacionadas coa situación xudicial de Santi Mina. “Debemos dar unha presunción de inocencia e xa os xulgados determinarán o camiño a seguir cando haxa unha sentenza. O xogador está tranquilo e non temos por que non crerlle ata que salga o veredicto. Se non é de noso agrado, tomaremos as medidas oportunas”.
O presidente tamén confirmou que o RC Celta realizou “unha protesta formal co Osasuna” polo horario do día 5 de xaneiro, Noite de Reyes, “pero LaLiga non modificou o horario e cremos que se vai a manter”.