Hemeroteca club

Carlos Mouriño expón o Proxecto Celta aos presidentes das Peñas

RC Celta

Mouriño_con_las_peñas.jpg

 

Esta mañá o presidente do RC Celta Carlos Mouriño mantivo unha enriquecedora e produtiva reunión cos presidentes das principais peñas do club celestes para exporlles o seu proxecto de futuro. Durante a reunión o mandatario celeste asegurou sobre o futuro da entidade que “se queremos que perdure, temos que dotar ao Celta de arraigamento físico. Iso só conseguirémolo con propiedades e que o que teñamos non sirva máis que para xogar ao fútbol”.

 

O encontro estivo aberto á participación dos asistentes, que tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man todas aquelas cuestións relacionadas co “Proxecto Celta”.

 

Ao longo da próxima semana Carlos Mouriño participará en diversos encontros con colectivos da cidade de Vigo. O seguinte será o vindeiro martes 13 no salón de graos da facultade de enxeñaría de telecomunicacións da Universidade de Vigo. Tamén o vindeiro xoves 15 terá lugar no auditorio mar de Vigo un evento único para o celtismo e a cidadanía que contará coa actuación do humorista galego Carlos Branco quen fará de moderador e cuestionará ao presidente celeste. Para participar neste evento único, será posible retirar invitacións no despacho de billetes de Balaídos e na sede de Praza de España.

 

O RC Celta, co presidente Carlos Mouriño á cabeza, continúa apostando firmemente por un proxecto que garanta o futuro da entidade, a súa estabilidade e o seu arraigamento coa cidade de Vigo e farao a través de fórmulas activas e participativas que dean a coñecer esta proposta a todo o celtismo e a cidadanía.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas