Hemeroteca club

Carlos Mouriño: “Propoño á cidade seguir xuntos”

RC Celta

presi181016.JPG

 

O presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, reuniuse este martes cos medios de comunicación no museo do club, en Balaídos, para analizar a actualidade da entidade celeste. A comparecencia centrouse no futuro do club e nas informacións aparecidas nas últimas semanas relativas á posible venda do RC Celta.

 

O mandatario comezou a súa comparecencia mostrando o seu desencanto ante declaracións realizadas nas últimas semanas coas que considera que “mesturouse a política co deporte”, á vez que agradeceu ao seu consello e equipo directivo polo seu apoio e traballo.

 

“Se non damos ao Celta unha capacidade acorde ao resto de equipos vexo feble o futuro do Celta”, sinalou Mouriño, quen se sinceró sobre a súa situación persoal como presidente céltico: “Por idade, cansazo e desencanto, é o momento de marcharme se non hai algo que me compense estar afastado de toda a miña familia”, asegurou. “Que facemos? Que siga o presidente con 74 anos por se se di que non é celtista? (…) Non me preocupa, preocúpame o mellor para o Celta e farei o que crea que é mellor”, afirmou, insistindo en que é necesario dar solidez económica para un futuro incerto.

 

Carlos Mouriño foi rotundo ao explicar que non se entrou en negociacións con ninguén pola venda do RC Celta, aínda que si recoñeceu, como xa fixera con anterioridade, que hai varias propostas, “sen ir máis lonxe a última chegou onte”, indicou. O presidente engadiu ao seu discurso unha proposta para a cidade: “O Celta comprométese a comprar Balaídos. Todos os beneficios da explotación comercial irían para o club (…) Propoño á cidade seguir xuntos, non o presidente só”.

 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas