Hemeroteca club

Carlos Mouriño sinala a canteira e a proxección de todas as áreas do club como as claves de futuro do Celta

RC Celta

presidente230216.jpg

 


COMPARECENCIA ÍNTEGRA EN CELTATV


 

O presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, reuniuse este martes cos medios de comunicación no Estadio de Balaídos para repasar a actualidade do club céltico. O mandatario celeste reafirmou unha vez máis a boa marcha da entidade na área económica, adiantou novidades como a incorporación da directora de mercadotecnia Maruxa Magdalena Seonae ou a creación dunha sociedade para xestionar os negocios do RC Celta e, ante a excelente tempada que está a realizar o primeiro equipo, marcou como novo obxectivo lograr a clasificación para Europa League.

 

Contas saneadas e equilibradas

– “A débeda cero xa é real, non só desde o punto de vista económico senón tamén contablemente”

– “Da etapa da Lei Concursal só quedan 700.000 euros a pagar en 4 anos”

– “O Celta discorre cunhas finanzas sas e moi equilibradas”

– “Pechamos o primeiro semestre do ano cun beneficio neto de 3.820.000 euros”

– “O investimento máis importante que se fixo este exercicio foi en compra de xogadores: 17 millóns de euros”

 

Descenso leve do número de abonados

– “A cifra de abonados esta tempada é de 22.498”

– “Mantéñense as cifras aproximadas do ano pasado e cremos que mellorarán cando as bancadas estean reformadas”

 

Nace a sociedade ‘Afouteza e Corazón’ para xestionar os negocios do club

– “Creamos a sociedade ‘Afouteza e Corazón’, pertencente 100% do Celta”

– “Esta sociedade nace coa idea de explotar os nosos espazos comerciais como unha empresa independente, comprobar a súa rendibilidade e non mesturar as contas coas do club”

– “Xestionará a tenda, cafetaría, policlínica, posiblemente un restaurante… o Celta recibirá beneficios e esa empresa terá que ser rendible por si mesma”

 

Nova sede social en 2017

– “Estamos a acondicionar o edificio da Rúa do Príncipe para empezar as obras de construción en canto recibamos a licenza do Concello de Vigo”

– “Se se cumpren os prazos a nova sede social podería inaugurarse en xaneiro”

 

A canteira, eixo principal do Celta

– “A canteira segue sendo o porqué do Celta, pero o apelido ‘canteirán’ non significa ter un posto fixo no primeiro equipo”

– “Os persoais curtos han dado oportunidades aos nosos canteiráns”

– “A canteira é o noso eixo principal. O noso futuro”

 

Europa, novo obxectivo do primeiro equipo

– “Sempre fun prudente, pero agora podemos dicir que o obxectivo é un posto na Europa League”

– “O xogo e resultados do equipo están a facilitarnos moitas cousas. A nosa expansión está a ser brutal en todas as áreas”

 

Mensaxe ao celtismo

– “Admiramos á nosa afección. Non naceu da abundancia, non naceu dos primeiros postos. Naceu do sufrimento, do pranto, de pelexar cada partido… aí naceu esta magnífica afección que ten agora o Celta, que sempre nos apoia, que sempre está aí”

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas