O RC Celta e Carlos Carvalhal dan por finalizada a súa vinculación contractual como adestrador do primeiro equipo céltico. O club quere expresarlle a Carvalhal e aos seus axudantes o seu máis sincero agradecemento pola profesionalidade e honestidade que mostraron desde a súa chegada o pasado novembro a Vigo. Desde o RC Celta desexamos a maior das sortes ao adestrador portugués no seu futuro profesional e persoal, ademais de agradecer o seu traballo e entrega mostrada diariamente durante estes oito meses.
Celtismo