Escribo estas liñas para toda a xente do Celta porque, pola prema nos tempos da miña marcha de Vigo, non puiden despedirme como me gustou. Cheguei ao meu novo club con moita ilusión, cunhas ganas enormes de seguir crecendo e de devolver a confianza da Valencia CF en min, pero, á vez, sempre vou gardar un recordo indeleble do Celta. É o club da miña terra, onde crecín, onde me formei como persoa e como futbolista e no meu corazón sempre vai ter ese lugar especial.
Síntome orgulloso de vestir esa camiseta desde o primeiro día ata o último. En todo momento sentín o agarimo da afección e de todos os que me axudaron e ese trato que sempre recibín en Vigo, nos bos e nos malos momentos, non poderei esquecelo nunca.
Teño moi claro que onde estou a día de hoxe é grazas ao Celta. É o equipo que me deu a oportunidade, que creu en min e sempre estarei agradecido a toda a xente do club, aos dirixentes, aos meus compañeiros e aos empregados, por todo o que me deron nos últimos anos. Ao Celta e á súa gran afección deséxovos todo o mellor e mándovos a miña máis forte abrazo.
Santi Mina