A emblemática Coral Casablanca será a gran protagonista do primeiro gran concerto do Centenario do RC Celta, cunha actuación na que unha vez máis esta histórica agrupación musical viguesa exhibe os seus férreos lazos co club e a Fundación Celta, selados no ano 2017 cun convenio de colaboración que deixou valiosas colaboracións. O concerto, ao que poderán asistir abonados celestes mediante sorteo, terá lugar o martes 9 de maio no Teatro de Afundación ás 20.30 horas.
A Coral Casablanca se garda diversas sorpresas para esta actuación especial con motivo do Centenario nunha actuación á que poderán asistir abonados celestes mediante sorteo.
Aqueles que desexen acudir poderán solicitar as súas invitacións ata o luns 1 de maio ás 23:00 horas AQUÍ