A tenda-museo do Celta en Balaídos vivirá este venres a partir das 18:30 horas un evento especial con Rossi, Roncaglia, Sisto e o adestrador Eduardo Berizzo. Co Nadal como pano de fondo e o establecemento oficial decorado para a ocasión, os futbolistas e o técnico compartirán con todos os asistentes os seus recordos, anécdotas e experiencias nun ambiente próximo e familiar.
O club anima a todos os afeccionados a asistir a este encontro, especialmente aos máis pequenos e as súas familias. Será unha ocasión inmellorable para que os nenos e nenas celtistas coñezan en persoa aos seus ídolos e conserven un recordo indeleble do Celta e destas datas do Nadal.