VENDA DE ENTRADAS A 5€ EXCLUSIVAMENTE NA BILLETEIRA
BILLETEIRA: LUNS A VENRES DE 10 A 14 E DE 17 A 20 HORAS
986.21.32.30 – 986.21.32.34 – [email protected]
Os dezaseisavos de final da Copa do Rei entre Celta e Almería decídense este xoves ás 20h en Balaídos. Os celestes, a pesar de chegar con vantaxe á eliminatoria tras o 1-3 cultivado no partido de ida, sairán a por todas e necesitarán do apoio incondicional do celtismo para clasificarse á seguinte rolda do torneo. O club decidiu manter os prezos habituais para este partido, aínda que cunha atractiva novidade: entradas para abonados por tan só 5 euros.
Os abonados célticos poderán adquirir billetes con este prezo especial para calquera bancada do estadio, mentres que o público xeral ten á súa disposición entradas desde 20€ para adultos e desde 15€ para afeccionados Sub-25.
O club tamén lembra aos abonados anuais, ou a calquera afeccionado que desexe darse de alta como abonado, que a Campaña Anual continúa en marcha con vantaxes especiais durante todo o mes de decembro, como descontos nas renovacións e exención de ‘Días do Club’: www.celtavigo.org/abonosCelta
As entradas para o partido ante o Almería poden adquirirse nos despachos de billetes do estadio en horario de 10 a 14 e de 17 a 20h ou en calquera momento do día a través da web www.celtavigo.org/taquillaCelta