Hemeroteca celtismo

Celta-Athletic: entradas á venda

RC Celta

celtaathleticprecios

 


LUNS E MARTES DE 10 A 14 E DE 17 A 20H | 986.21.32.30 – 986.21.32.34

MÉRCORES 30 DESDE AS 10H ATA O INICIO DO PARTIDO


 

O fútbol regresa a Balaídos este mércores ás 20:30h cun atractivo choque entre o Celta e o Athletic Club, cuarto e sétimo clasificado respectivamente. O club mantén os prezos habituais desde a pasada tempada, con entradas desde tan só 20€ en categoría ADULTO e desde 15€ para SUB-25, e anima a todos os afeccionados e abonados a acudir a este encontro para apoiar ao equipo e seguir sumando puntos nunha primeira volta de campionato memorable.

 

As entradas poden adquirirse nos despachos de billetes do estadio ata o martes en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas, o mércores desde as 10 ata o inicio do partido ou en calquera momento do día a través da web www.celtavigo.org/taquillaCelta

 

O RC Celta tamén quere facer un chamamento aos abonados anuais, ou a calquera afeccionado que desexe darse de alta como abonado, para que tramiten o seu carné ata o 31 de decembro e así aproveitar as vantaxes especiais que ofrece a Campaña Anual de Abonados durante o mes de decembro como descontos nas renovacións e exención de ‘Días do Club’ tanto para estas como para as novas altas (www.celtavigo.org/abonosCelta).

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas