Hemeroteca celtismo

Celta-Athletic: entradas xa á venda

RC Celta

athcel-1415.jpg

Os billetes mateñen os prezos habituais desde a pasada tempada

 

O Celta recibe este sábado ás 22h ao Athletic Club de Bilbao, un partido para o que as entradas manteñen os prezos habituais desde a pasada tempada. Os billetes en categoría ADULTO teñen un custo de 50 euros para a bancada de Tribuna e de 25 para Gol e Marcador, que no caso dos afeccionados Sub-25 redúcese a tan só 15 euros para estas dúas últimas bancadas.

 

O club anima a todos os abonados e afeccionados a acudir ao estadio para apoiar ao equipo ante un rival sempre complicado como o Athletic Club. O empuxe da bancada volverá ser clave para colleitar un bo resultado en casa.

 

B_vNYCXWwAEtGvL.jpg

 

Continúa a venda de entradas para os partidos ante FC Barcelona e Real Madrid

A oficina de abonados continúa despachando entradas para os partidos ante FC Barcelona (domingo 5 de abril, 21h) e Real Madrid (data pendente de confirmación). Estes dous encontros foron designados como ‘Día do Club’, polo que os abonados de tempada que tramitaron o seu carné despois do 17 de xullo e os anuais que o fixeron pasado o 6 de xaneiro deberán retirar un suplemento para acceder ao estadio. O prezo dos suplementos mantense respecto de anteriores campañas: 20€ para ADULTOS e 10€ para o resto de categorías, coa excepción dos menores de 8 anos que tan só deberán abonar 5€ para retirar o seu suplemento.

 

As entradas poden adquirirse na oficina de abonados de Balaídos de luns a venres en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas ou en calquera momento a través da plataforma online www.celtavigo.org/taquillaCelta

 

preciosbarcelonamadrid1415.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas