O aforamento de Gol, Marcador e Tribuna, bancadas con entradas dispoñibles, está preto de esgotarse
Balaídos presentará un gran ambiente celtista no partido ante o Athletic deste sábado (22:00h). O ritmo de venda de entradas foi notable nos últimos días e as tres bancadas con aforamento dispoñible (Tribuna, Gol e Marcador) están preto de colgar o cartel de “esgotado”.
As entradas manteñen os prezos habituais desde a pasada tempada: 50€ para Tribuna e 25€ para Gol e Marcador en categoría ADULTO, custo que se reduce a tan só 15€ para os afeccionados Sub-25 no caso destas dúas últimas bancadas
A oficina de abonados continúa despachando entradas este venres de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas, mentres que mañá sábado os billetes poderán adquirirse nos despachos de billetes do estadio de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 22:00 horas. A plataforma online mantense operativa as 24 horas do día: www.celtavigo.org/taquillaCelta
Continúa a venda de entradas para os partidos ante FC Barcelona e Real Madrid
A oficina de abonados continúa despachando entradas para os partidos ante FC Barcelona (domingo 5 de abril, 21h) e Real Madrid (data pendente de confirmación). Estes dous encontros foron designados como ‘Día do Club’, polo que os abonados de tempada que tramitaron o seu carné despois do 17 de xullo e os anuais que o fixeron pasado o 6 de xaneiro deberán retirar un suplemento para acceder ao estadio. O prezo dos suplementos mantense respecto de anteriores campañas: 20€ para ADULTOS e 10€ para o resto de categorías, coa excepción dos menores de 8 anos que tan só deberán abonar 5€ para retirar o seu suplemento.
As entradas poden adquirirse na oficina de abonados de Balaídos de luns a venres en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas ou en calquera momento a través da plataforma online www.celtavigo.org/taquillaCelta