Hemeroteca celtismo

Celta-Cádiz: entradas a 5€ para abonados!

RC Celta

precioscadiz090116.jpg

 


VENDA DE ENTRADAS A 5€ SÓ NA BILLETEIRA

LUNS A VENRES DE 10 A 14 E DE 17 A 20 HORAS 

986.21.32.30 – 986.21.32.34 – [email protected]


 

A Copa do Rei regresa a Balaídos co partido de volta dos oitavos de final ante o Cádiz (mércores 13 de xaneiro, 20:30h). Tras cultivar unha vantaxe de 3 goles a 0 en campo rival, os celestes afrontan este choque co obxectivo de certificar o pase aos cuartos de final dunha competición que sempre espertou ilusión e emoción entre o celtismo. Ademais de manter os prezos habituais, o club recupera a promoción de entradas especiais para abonados, quen presentando o seu carné nos despachos de billetes de Balaídos poden adquirir billetes por tan só 5? para calquera bancada.

 

Tamén comezou a venda de entradas para o partido de Liga ante o Levante UD (sábado 16 de xaneiro, 18:15h), con idénticos prezos para o público xeral: desde 20€ para ADULTOS e desde 15€ para SUB-25. O club anima a todos os abonados e afeccionados a acudir a estes dous encontros e demostrar unha vez máis o seu apoio incondicional ao equipo. Os celestes teñen unha gran oportunidade de avanzar na competición copeira e de seguir asinando unha campaña notable na Primeira División, para o que seguirá sendo imprescindible a comuñón coa afección celtista.

 

As entradas para o choque de Copa ante o Cádiz están á venda exclusivamente nos despachos de billetes do estadio en horario de 10 a 14 e de 17 a 20h, mentres que as do partido de Liga ante o Levante tamén están dispoñibles na web www.celtavigo.org/taquillaCelta 

 

celta-levante-precios-1516

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas