Hemeroteca celtismo

Celta-Deportivo: os despachos de billetes despachan entradas e suplementos este sábado

RC Celta

onosoderbi1415.jpg

Día do Club: o prazo para adquirir o suplemento amplíase ata o 20 de setembro

 


 

OFICINA DE ABONADOS: de 10 a 14 e de 17 a 20 horas (de luns a venres)

DESPACHOS DE BILLETES: de 10 a 14 e de 17 a 20 horas (sábado)


 

O regreso do clásico galego en Primeira División está ao virar a esquina. O vindeiro martes 23 de setembro o Celta recibe en Balaídos ao Deportivo da Coruña, un encontro emocionante e especial para o fútbol galego que se disputa tres días despois doutro esixente partido, o que os celestes xogan este sábado no Vicente Calderón ante o Atlético de Madrid, vixente campión de Liga.

 

A oficina de abonados continúa despachando entradas para o choque ante o conxunto coruñés no seu horario habitual, de 10 a 14 e de 17 a 20 horas, así como o suplemento, necesario para aqueles abonados que tramitaron o seu carné despois do 17 de xullo de 2014 e desexen asistir a este partido. Para comodidade dos afeccionados, os despachos de billetes do estadio permanecerán abertas este sábado, data límite para adquirir o suplemento, de 10 a 14 e de 17 a 20 horas.

 

Os prezos dos billetes para o derbi galego (martes 23, 22h) oscilan entre 45 e 70 euros para adultos e entre 35 e 45 para os máis novos, prezos inferiores aos que se establecerán noutros “Días do Club” polos especiais condicionantes deste partido.

 

O club anima a todos os abonados e afeccionados celestes a acudir ao estadio e alagar as bancadas de cor celeste nunha xornada especial para o fútbol da comunidade e na que o seu apoio e alento volverán ser determinantes.

preciosderbi1415.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas