Hemeroteca celtismo

Celta-Espanyol: entradas á venda

RC Celta

precios071215

 


LUNS A VENRES DE 10 A 14 E DE 17 A 20 HORAS EN BALAÍDOS | 986.21.32.30 – 986.21.32.34

SÁBADO 12 DESDE AS 10H ATA O INICIO DO PARTIDO


 

Xa están á venda as entradas para o partido de Liga deste sábado ante o RCD Espanyol (Balaídos, 18:15h). Os prezos continúan sendo os habituais desde a pasada tempada, con entradas desde tan só 20€ en categoría ADULTO e desde 15€ para SUB-25. O Celta anima a todos os afeccionados e abonados a acudir a este encontro para, xuntos, sumar tres puntos que permitan seguir construíndo unha tempada remarcable.

 

O club tamén quere facer un chamamento aos abonados anuais, ou a calquera afeccionado que desexe darse de alta como abonado, para que tramiten o seu carné canto antes e así aproveitar as vantaxes especiais que ofrece a Campaña Anual de Abonados durante o mes de decembro como descontos nas renovacións e exención de ‘Días do Club’ tanto para estas como para as novas altas (www.celtavigo.org/abonosCelta).

 

As entradas poden adquirirse nos despachos de billetes do estadio até o venres en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas, o sábado desde as 10 até o inicio do partido ou en calquera momento do día a través da web www.celtavigo.org/taquillaCelta 

 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas