Hemeroteca celtismo

Celta-Las Palmas: á venda as entradas para a terceira xornada da Liga

RC Celta

w_377cf489e316203802lrv20141216-05.jpg

Entradas dispoñibles para todas as bancadas excepto Preferencia

 


OFICINA DE ABONADOS (BALAÍDOS) | 986.21.32.30 – 986.21.32.34

DE 10 A 14 E DE 17 A 20 HORAS

www.celtavigo.org/taquillaCelta


 

Xa están á venda as entradas para o partido de Liga ante a UD As Palmas (domingo 13 de setembro, 18:15h) correspondente á xornada 3. O Celta recibe ao cadro insular, adestrado polo ex técnico celeste Paco Herrera, co obxectivo de sumar a súa terceira vitoria consecutiva e manterse invictos.

 

Os afeccionados poden adquirir entradas para todas as bancadas excepto Preferencia, desde 40€ en Tribuna ata 20€ en Gol e Marcador. Ademais o club mantén prezos especiais para os afeccionados Sub-25, que poden asistir ao encontro por tan só 15€.

 

Os despachos de billetes do estadio permanecen abertas de luns a venres en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas, mentres que o día do partido despacharán entradas desde as 10 ata o inicio do choque de maneira ininterrompida. Os billetes tamén poden adquirirse a través da plataforma online www.celtavigo.org/taquillaCelta en calquera momento do día.

 

entradas.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas