Hemeroteca celtismo

Celta-R.Madrid: un milleiro de entradas para encher Balaídos

RC Celta

celta-madrid horario liga

Quedan pouco máis de 1.000 entradas para colgar o cartel de “esgotado”

 

O estadio de Balaídos presentará un ambiente espectacular no partido deste domingo ante o Real Madrid (19.00 horas). O ritmo de venda de entradas mantívose na xornada de hoxe, con case 500 billetes expedidos nas oficinas de abonados e os despachos de billetes online.

 

Tras esgotarse hai días a bancada de Preferencia, á de Gol réstanlle unhas poucas decenas de localidades para encher o seu aforamento. O club lémbralles aos abonados de tempada que renovaron ou se deron de alta despois do 15 de xullo e aos anuais que o fixeron despois do 20 de decembro, que deberán retirar na oficina de abonados un suplemento para este choque antes do xoves 7 de marzo. O prezo deste suplemento é de 20 euros para a categoría adulto e de 10 euros para o resto.

 

As entradas poden adquirirse de luns a venres na oficina de abonados, en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas, ou a través dos despachos de billetes online as 24 horas do díawww.celtavigo.org/taquillaCelta.

 

Este partido será Día do Club, polo que os distintos convenios quedan anulados e por iso hai billetes dispoñibles para as bancadas de Gol e Preferencia, xa esgotada, ademais de para as habituais, Río e Tribuna.

 

Tanto para o encontro ante o Real Madrid como para o do F.C.Barcelona, cuxas entradas están tamén á venda, os prezos son de 60 euros nas bancadas de Gol e Preferencia, de 80 nas bancadas de Río Alto e Río Baixo e de 95 euros na bancada de Tribuna. En categoría Sub-23, o custo das entradas é de 45 euros en Gol e Preferencia e de 65 en Río Alto e Baixo.

 

 

ENTRADAS

SUPLEMENTO

ADULTO

SUB 23

ADULTO

SUB23

TRIBUNA

95

NON DISPOÑIBLE

 

20

 

10

RÍO ALTO

80

65

RÍO BAIXO

80

65

GOL

60

45

PREFERENCIA

ESGOTADO

ESGOTADO

MARCADOR

ESGOTADO

ESGOTADO

FONDO

ESGOTADO

ESGOTADO

 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas