Hemeroteca celtismo

Celta-Rayo: entradas xa á venda

RC Celta

augusto-ray-cel-1415.jpg

Os billetes manteñen os prezos habituais desde a pasada tempada

 

O Celta afronta na xornada 31 un partido importante de cara a alcanzar o obxectivo da tempada. O Rayo Vallecano visita Balaídos este sábado ás 22h, un partido para o que se seguen mantendo os prezos habituais nas entradas desde a pasada tempada. Os billetes en categoría ADULTO teñen un custo de 50 euros para a bancada de Tribuna e de 25 para Gol e Marcador, que no caso dos afeccionados Sub-25 redúcese a tan só 15 euros para estas dúas últimas bancadas.

 

O club anima a todos os abonados e afeccionados a acudir ao estadio para apoiar ao equipo ante un rival directo e sumar tres puntos que poden ser claves na recta final do campionato ligueiro. Antes, o mércores ás 22h, os vigueses xogarán a xornada 30 ante o Granada CF no Estadio Los Cármenes.

 

As entradas poden adquirirse ata o venres na oficina de abonados (de 10 a 14 e de 17 a 20h), o sábado nos despachos de billetes do estadio (de 10 a 14 e de 17 a 22h) ou en www.celtavigo.org/taquillaCelta as 24 horas.

 

celta-rayo.jpg

 

Continúa a venda de entradas e suplementos para o partido ante o Real Madrid

A oficina de abonados continúa despachando entradas para o partido ante o Real Madrid (domingo 26 de abril, 21h). Este encontro foi designado como ‘Día do Club’, polo que os abonados de tempada que tramitaron o seu carné despois do 17 de xullo e os anuais que o fixeron pasado o 6 de xaneiro deberán retirar un suplemento para acceder ao estadio. O prezo dos suplementos mantense respecto de anteriores campañas: 20€ para ADULTOS e 10€ para o resto de categorías, coa excepción dos menores de 8 anos que tan só deberán abonar 5€.

 

As entradas e os suplementos poden adquirirse na oficina de abonados de Balaídos de luns a venres en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas